Dlubal

El sector forestal gallego celebra el Día mundial de los bosques

O conxunto do sector forestal galego, coa participación dunha vintena de asociacións e entidades que representan a toda a cadea de valor da madeira, celebra mañá conxuntamente o Día Internacional dos Bosques nunha xornada que se desenvolverá en Boqueixón (A Coruña). O acto inclúe divesas ponencias técnicas e mesas redondas para reflexionar sobre as perspectivas de futuro do monte galego, no marco da xestión sostible e da bioeconomía. O programa das ponencias e mesas redondas, que se desenvolverán de 9:30 a 13:00 horas no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón), detállanse a continuación. A actividade concluirá coa inauguración dun monte demostrativo no Pico Sacro, en Lestedo (Boqueixón), a partir das 13.15 horas.

 

Programa

9:30 h Bosques galegos no camiño do progreso. Salón de actos do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal

de Sergude. Boqueixón. A Coruña

Apertura: Manuel Fernández Munín. Alcalde de Boqueixón

Moderador: José Ignacio Lema Piñeiro. Director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal

Indicadores ambientais da silvicultura. Juan Rodríguez Fernández-Arroyo. Director xeral do Centro Tecnolóxico EnergyLab

Estimación da absorción de CO2 e da produción de madeira. Ulises Diéguez Aranda. Profesor titular da Universidade de

Santiago de Compostela

A xestión sostible do monte e o artellamento coa industria forestal.

ææ Francisco Dans del Valle. Director da Asociación Forestal de Galicia

ææ Marcos Estévez Malvar. Xestor de proxectos de FSC España

ææ Víctor Torrado Ares. Director forestal de Finsa

11:30 h Pausa

11:45 h Os bosques galegos no século da bioeconomía. Salón de actos do Centro de Formación e Experimentación

Agroforestal de Sergude. Boqueixón.

Moderador: Antonio Abril Abadín. Secretario xeral de Inditex S.A.

ææ Enrique Sáez Ponte. Presidente da Fundación Juana de Vega

ææ Rosa Calvo de Anta. Catedrática de Edafoloxía da Universidade de Santiago de Compostela

ææ José Manuel Iglesias Vilas. Presidente do Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia

ææ Francisco Fernández de Ana Magán. Presidente asemblea da Unión de Silvicultores do Sur de Europa

13:15 h Inauguración do Monte demostrativo do Pico Sacro. Percorrido polo monte demostrativo e plantación de

árbores en Lestedo. Boqueixón

ææ Tomás Fernández-Couto Juanas. Director xeral de Ordenación e Produción Forestal

14:15 h Aperitivo no Centro de Interpretación do Pico Sacro. Lestedo. Boqueixón.

Colexio